EXPO Zaragoza
 1  2  3  4  5 

[Concurso para el pabellón de Galicia en la EXPO Zaragoza 2008]

2007

: : P A V I L L Ó N D E G A L I C I A

O pavillón de Galicia preséntase como un espacio cuadrangular dividido mediante paneis sensoriais semisolapados que semella un libro entreaberto no que se xeran catro ámbitos temáticos:

O primeiro o adicado ó camiño de Santiago; a continuación bosques. Séguenlle ríos, rías e turismo termal, e rematan as praias.

A visión conxunta da parte exterior visible dos paneis, reconstrúe o mapa galego a xeito de grande illa verde.

Os catro ámbitos que se configuran entre os paneis forman un cartel transitable coa seguinte organización xenérica

  • Na zona visible dos paneis realzaríanse no mapa características concretas como: ríos, praias ou bosques.
  • O resto do panel constitúe o ámbito expositivo e a zona interactiva de información.
  • O pavimento e o envés do panel previo vainos introducindo mediante texturas, sombras e sons no habitáculo sensorial. En dito habitáculo alcánzase un efecto de traslado a lugares extraordinarios dentro do territorio galego mediante a combinación de efectos ópticos, sons e retroproxeccións.